O Concello solicitou una axuda ao abeiro da convocatoria da Axencia Turismo de Galicia: RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, co fin de dinamizar accións na Festa do boi de Allariz 2019.
Na resolución do 23 de xullo de 2019 de dita convocatoria, foille concedida ao Concello de Allariz unha subvención por importe de 3.000 € para o proxecto Festa do Boi.
Unha vez executada a acción financiada procedese a informar sobre o financiamento obtido segundo se establece no Artigo 17.h) da convocatoria de axudas (DOG nº 73 do 15 de abril de 2019)
OBXECTIVO: Desenvolver actividades de promoción e difusión da Festa do Boi de Allariz.
RESULTADO: Positivo
Esta acción realizouse co apoio financeiro da Axencia Turismo de Galicia e A Banca.